ABERTO O PERIODO DE CANDIDATURAS AOS PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2024

FORMULARIO CANDIDATURAS


As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario anexo, sendo a data límite para recibilas o día 30 de Xuño de 2024. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os/as premiados/as nas seguintes categorias:

- Música Galega

- Artes Escénicas / Patrimonio 

- Homenaxe

Nesta edición 2024 mantéñense as novidades introducidas o pasado ano. Por unha banda, a inclusión dunha nova categoría que se refire a "Mención especial" para algún colectivo que velase polo mantemento, difusión e posta en valor da cultura galega en calquera das súas manifestacións. E a outra novidade é que un membro do xurado será a "candidatura popular" equivalendo a un voto no marco desta comisión. Así, aquela candidatura máis votada en cada unha das categorías contará con esa puntuación. 

NOTA: Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. 

A Gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de Decembro de 2024, no Complexo Multiusos do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR.