PREMIOS REBULIR

O Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  
A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuilla identificativa do galardón. 

O Xurado está composto por diferentes representantes dos colectivos organizadores do Premio e tamén por convidados/as externos/as con unha traxectoria relevante no mundo da cultura galega. 

Os premiados levan sido:

2021 - Xabier Díaz + Xabarín Club (TVG) + Anxo Angueira
2020 - Mercedes Peón + Fina Calleja + Banda de Música de Vilanova dos Infantes
2019 - Rosa Cedrón + Antonio Durán "Morris" + Coral de Ruada
2018 - Guadi Galego + Carlos Blanco + Romaría Raigame
2017 - Uxia Senlle + Xosé Ramón Gayoso + Lois Antón Pérez
2016 - Leilía + Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán + Banda de Música de Ramirás
2015 - Kepa Junkera + María do Ceo + Susana Durán
2014 - Xosé M. Piñeiro + Xosé Diz
2013 - Rubén Riós 
2012 - Laura González (Maret)