ABERTO PERIODO DE CANDIDATURAS PREMIOS REBULIR 2025




Hoxe abre o PRAZO de CANDIDATURAS para os Premios Rebulir da Cultura Galega 2025. 


LIGAZÓN AO FORMULARIO


As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario anexo, sendo a data límite para recibilas o día 3 de Xullo de 2025. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os/as premiados/as nas seguintes categorias:


- Música Galega

- Artes Escénicas / Patrimonio 

- Homenaxe


As principais NOVIDADES desta edición 2024 son dúas. Por unha banda, a inclusión dunha nova categoría baixo o nome "Mención especial Rogelio Garcia Yañez" para algún colectivo que velase polo mantemento, difusión e posta en valor da cultura galega en calquera das súas manifestacións fóra de Galicia. E a outra novidade é que un membro do xurado será a "candidatura popular" equivalendo a un voto no marco desta comisión. Así, aquela candidatura máis votada en cada unha das categorías contará con esa puntuación. 


NOTA: Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. 


A Gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de Decembro de 2024, no Complexo Rogelio Garcia Yañez do Ramirás durante a celebración da Gala Central do FIR.