PREMIOS REBULIR 2016

O Xurado do Premio Rebulir decide outorgar ao grupo LEILÍA e a MARCOS PEREIRO E XOSÉ A. TOURIÑÁN os galardóns desta edición 2016.



LEILIA leva proxectado a cultura galega dentro e fora das nosas fronteiras, atendendo sempre a rigurosidade e fidelidade coa tradición, pero sen perder de vista a innovación nos seus traballos. 
LEILIA é un grupo consolidado e que se veu convertindo nun referente no eido, isto xunto cos motivos alegados anteriormente fan destas mulleres dignas receptoras deste galardón na súa V Edición recoñecendo así a súa traxectoria no eido da música tradicional.

Tamén, se  decidiu outorgar o seu recoñecemento a MARCOS PEREIRO e XOSÉ A. TOURIÑÁN, no eido do patrimonio oral, polo mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego. Sendo por isto merecedores deste galardón na presente edición.



Os premios serán entregados durante a Gala Central do Festival Internacional Rebulir, a cal terá lugar o Sábado 17 de Decembro de 2016 no Polideportivo de O Picouto.