NOVIDADES

É tradición que cada ano no marco do Festival Internacional Rebulir se conceda un PREMIO HOMENAXE, que se desvela durante a propia Gala Central. 

Este ano desvelamos previamente quen será o HOMENAXEADO/A nos Premios Rebulir.

Por unanimidade do xurado decidiuse que este ano o XI Festival Internacional Rebulir - FIR 2016 estea adicado a BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RAMIRÁS. Deste xeito, recoñécese unha longa traxectoria levando o nome de Ramirás aló por onde esta agrupación musical ten pasado. 

Asemade, con este galardón desde Rebulir queremos agradecer o estreito vínculo que gardamos entre ambas entidades e que nos ten levado a colaborar en diferentes ocasións.

Parabéns a todos os membros, exmembros e familiares da Banda. O Vindeiro Sábado día 17 de Decembro farase entrega do recoñecemento pertinente.