Ir al contenido principal

Estamos traballando na XII edición do FIR

Ainda que restan moitos meses xa estamos traballando na organización da XII edición do FIR.  Serán catro as xornadas nas que se celebrará o Festival, concretamente entre o 14 e 17 de Decembro do presente 2017, con actividades repartidas entre as localidades de Ramirás, Celanova e Ourense. 
O programa incluirá moitas, e moi variadas, iniciativas que aínda estamos a perfilar. Desde obradoiros, exposicións, workshops, degustacións, demostracións... pero de novo con especial protagonismo na Gala Central, onde un ano máis agardamos sorprender aos espectadores alí presentes. 
Tamén, nos vindeiros días constituirase o xurado do Premio Rebulir de Cultura Galega 2017 para decidir que persoas ou colectivos serán os agraciados nesta VI edición do galardón. 
Para mantervos informad@s de todo, non deixedes de visitar esta web ou ben seguindo a páxina de facebook do festival.