CANDIDATURAS PREMIOS REBULIR 2018

Os Premios Rebulir da Cultura Galega abren o envío de candidaturas para a súa edición 2018. 

As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a directorfestivalrebulir@gmail.com, sendo a data límite para recibilas o día 15 de Xullo de 2018. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os premiados/as nas seguintes categorias:

- Música Galega
- Artes Escénicas / Patrimonio 
- Homenaxe

Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. 

A Gala de entrega destes galardóns terá lugar o 22 de Decembro de 2018, no Polideportivo do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR.