LATEXANDO TRADICIÓN

O lema do Festival Internacional Rebulir 2018 será LATEXANDO TRADICIÓN

Esto débese a que esta XIII edición estará adicada aos doadores/as de sangue, órganos e tecidos, para poñer de manifesto que non importa a procedencia, a apariencia e a condición das persoas porque no noso interior tod@s somos "vermellos". Con este fito, seguimos a reivindicar a interculturalidade e igualdade desde unha perspectiva educativa por medio das actividades do noso festival.

Deste xeito estamos mantendo contactos coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia para presentarvos a programación, que incluirá actividades neste senso.