O Festival Internacional Rebulir recoñecido co Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural

Desde a organización do FIR queremos agradecer ao Xurado dos Premios Rodolfo Prada 2019 que tivesen en consideración o noso proxecto como meritorio deste prestixioso galardón. 

Este é un recoñecemento ao traballo mancomunado de institucións, colectivos, persoas... veciños e veciñas, quen aportan o mellor  para sacar adiante esta iniciativa que chega a súa XIV edición no presente 2019.

Aproveitamos para convidar a todas as persoas de Rebulir, Concello de Ramirás, entidades... implicadas no desenvolvemento do FIR a acompañarnos este Sábado día 6 de Abril as 17:30 h. na Gala de Entrega que terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense.