As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario anexo, sendo a data límite para recibilas o día 15 de Xullo de 2020. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os premiados/as nas seguintes categorias:
- Música Galega
- Artes Escénicas / Patrimonio
- Homenaxe
Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría.
A Gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de Decembro de 2020, no Polideportivo do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR.