O Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2020 decidiu outorgar estes galardóns a:
- Categoria Música Galega: MERCEDES PEÓN pola súa contribución a difusión e a renovación da música galega dentro e fora de Galicia.
- Categoría Artes Escénicas: FINA CALLEJA pola súa traxectoria profesional no eido do teatro e audiovisual, e polo seu compromiso coa cultura de base, en, desde e para Ourense.
- Categoría Homenaxe: BANDA DE MÚSICA DE VILANOVA DOS INFANTES no seu 160 aniversario polo legado cultural na música popular.
A comisión que avaliou as diferentes candidaturas reuniuse o Venres 4 de Setembro de 2020 as 20:30 h. de maneira virtual, e estaba constituida por:
PRESIDENTA DO XURADO: Dna. Sandra González Sousa (Presidenta da AC. Rebulir)
SECRETARIO DO XURADO: D. Alexandre Sotelino Losada (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e director artístico/académico do FIR)
VOGAIS:
- Vogal 1: Dna. Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás)
- Vogal 2: D. Rosendo L. Fernández Fernández (Vicepresidente da Exma. Deputación de Ourense)
- Vogal 3: Dna. Sandra Quintas Vázquez (Xefa Territorial da Conselleria de Cultura e Turismo)
- Vogal 4: Dna. Susana Durán González (Directora Administrativa do FIR)
- Vogal 5: D. Diego Freire Fernández (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
- Vogal 6.: D. Alejandro Lago Barciela (Gaiteiro e Mestre de Música Tradicional)
Asemade, faise constar que a Presidencia de Honra de dito premio está exercida polo Sr. Presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel A. Santalices Vieira. Nesta xuntanza, acordouse tamén establecer o acto de entrega de ditos galardóns o Sábado 19 de Decembro de 2020, as 19:00 h. no marco da Gala Central do FIR_2020, a cal se celebrará previsiblemente no Complexo Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás) seguindo estritamente as medidas sanitarias vixentes nese momento.
Cabae sinalar que o Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz. Entre os/as premiadas están nomes de recoñecido prestixo como Guadi Galego, Rosa Cedrón, Uxia, Leilía, Rubén Riós, Antonio Durán "Morris", María do Ceo, Carlos Blanco, Marcos Pereiro e Xose Antonio Touriñán, Xosé Ramón Gayoso, Xose Manuel Piñeiro... entre outros.