ABERTO PRAZO DE CANDIDATURAS PREMIOS REBULIR 2021



Hoxe, 5 de Maio abre o PRAZO de CANDIDATURAS para os
Premios Rebulir da Cultura Galega 2021. 

LIGAZÓN AO FORMULARIO

As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario anexo, sendo a data límite para recibilas o día 20 de Xuño de 2021. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os premiados/as nas seguintes categorias:

- Música Galega

- Artes Escénicas / Patrimonio 

- Homenaxe

Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. 

A Gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de Decembro de 2021, no Complexo Multiusos do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR.