ABERTO PRAZO DE CANDIDATURAS PREMIOS REBULIR 2022


O 5 de Abril abre o PRAZO de CANDIDATURAS para os Premios Rebulir da Cultura Galega 2022. 

LIGAZÓN AO FORMULARIO

As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario anexo, sendo a data límite para recibilas o día 10 de Xuño de 2022. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os/as premiados/as nas seguintes categorias:


- Música Galega

- Artes Escénicas / Patrimonio 

- Homenaxe


NOTA: Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. 

A Gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de Decembro de 2022, no Complexo Multiusos do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR.