ABERTO o Prazo de CANDIDATURAS Premios Rebulir 2023

 

O 23 de Maio abre o PRAZO de CANDIDATURAS para os Premios Rebulir da Cultura Galega 2023. 

LIGAZÓN AO FORMULARIO

As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario anexo, sendo a data límite para recibilas o día 17de Xuño de 2023. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os/as premiados/as nas seguintes categorias:

- Música Galega

- Artes Escénicas / Patrimonio 

- Homenaxe

As principais NOVIDADES desta edición 2023 son dúas. Por unha banda, a inclusión dunha nova categoría que se refire a "Mención especial" para algún colectivo que velase polo mantemento, difusión e posta en valor da cultura galega en calquera das súas manifestacións. E a outra novidade é que un membro do xurado será a "candidatura popular" equivalendo a un voto no marco desta comisión. Así, aquela candidatura máis votada en cada unha das categorías contará con esa puntuación. 

NOTA: Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. 

A Gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de Decembro de 2023, no Complexo Multiusos do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR.