PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2023


 O Xurado da XII edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2023, reunido en sesión ordinaria decidiu outorgar estes galardóns a:


1. CATEGORIA MÚSICA GALEGA:  A XURXO FERNÁNDES por representar a interculturalidade desde o eido musical e poñer en valor o propio sen deixar de conectar co alleo.  

2.CATEGORÍA ARTES ESCÉNICAS:  O actor LUIS ZAHERA pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación sen renunciar nunca a súa esencia e raigame galega.

3. CATEGORIA HOMENAXE: ao programa da Radio Galega LUME NA PALLEIRA por ser un dos máximos expoñentes da difusión da música tradicional e da cultura de base desde fai máis de 25 anos.  


A comisión que avaliou as diferentes candidaturas reuniuse o o 26 de xullo de 2023 as 20:00 h. de maneira virtual, e estaba constituida por:


PRESIDENTA DO XURADO:  Dna. Sandra González Sousa (Presidenta da AC. Rebulir)

SECRETARIO DO XURADO: D. Alexandre Sotelino Losada (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Director artístico/académico do FIR)

VOGAIS:

- Dna. Sandra Quintas Vázquez (Coordinadora do Servizo de Cultura da Xunta de Galicia)

- D. Rosendo L. Fernández (Deputado da Deputación de Ourense)

- Dna. Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás)

- D. Manuel Edreira Buela (Músico)

- D. Iván García García (Xestor Cultural)

- Dna. Eva Tato e Galicia Gutíerrez (Actrices e profesoras de Teatro – voto único-)

- D. Álvaro Pérez Marqués (Profesor de Música e Titulado superior en Acordeón)

- Dna. Susana Durán González (Directora Admin. do FIR)


Asemade, faise constar que a Presidencia de Honra de dito premio está exercida polo Sr. Presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel A. Santalices Vieira. Nesta xuntanza, acordouse tamén establecer o acto de entrega de ditos galardóns o Sábado 16 de Decembro de 2023, as 19:00 h. no marco da Gala Central do FIR_2023, a cal se celebrará previsiblemente no Complexo Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás).

Cabe sinalar que o Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  Entre os/as premiadas están nomes de recoñecido prestixo como Fuxan os Ventos, Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín, Xabier Diaz, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Uxia, Leilía, Rubén Riós, Antonio Durán "Morris", María do Ceo, Carlos Blanco, Marcos Pereiro e Xose Antonio Touriñán, Xosé Ramón Gayoso, Xose Manuel Piñeiro, Mercedes Peón, Fina Calleja, Anxo Angueira... entre outros/as.