INFORMACIÓN FIR 2024

 - As ENTRADAS da GALA CENTRAL están ESGOTADAS. Sentimos non poder deixar acceder a todos/as aqueles/as interesados/as.

- As ACTIVIDADES PARALELAS son xestionadas polas institucions receptoras en canto aforo e acceso. Aquelas que son en espazos abertos estarán supeditadas a unha boa climatoloxía.

- INDICACIÓNS GALA CENTRAL:

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/5Esp8jzKu4VHfgmB7

Ao recinto da Gala SÓ poderán acceder os vehiculos oficiais, vehiculos de artistas, seguridade e emerxencias. 

A apertura de porta do Polideportivo de O Picouto para o público xeral será ás 18:30 h. O comezo da Gala está previsto para as 19:00 h. cunha duración aproximada de 1 h. 30 min. 

Desde o comezo da Gala, e por cuestións de seguridade, agradecemos que as persoas se manteñan nas súas localizacións. 

Agradecemos a colaboración de todos/as para facilitar un bo desenvolvemento do evento e disfrutar coa interculturalidade.