ABERTO PERIODO DE CANDIDATURAS - PREMIOS REBULIR 2026

 


Hoxe abre o PRAZO de CANDIDATURAS para os Premios Rebulir da Cultura Galega 2026. 

LIGAZÓN AO FORMULARIO


As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario anexo, sendo a data límite para recibilas o día 5 de Xullo de 2026. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os/as premiados/as nas seguintes categorias:

- Música Galega

- Artes Escénicas / Patrimonio 

- Homenaxe

- Premio Rogelio García Yañez aos proxectos de cultura galega no exterior. 


As principais NOVIDADES desta edición 2026 son dúas. Por unha banda, a apertura de candidaturas do "Premio especial Rogelio Garcia Yañez" para algún colectivo que velase polo mantemento, difusión e posta en valor da cultura galega en calquera das súas manifestacións fóra de Galicia. E a outra novidade é que un membro do xurado será a "candidatura popular" equivalendo a un voto no marco desta comisión. Así, aquela candidatura máis votada en cada unha das categorías contará con esa puntuación. 

NOTA: Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. 

A Gala de entrega destes galardóns terá lugar no mes de Decembro de 2026, no Complexo Rogelio Garcia Yañez do Ramirás durante a celebración da Gala Central do FIR.